O QUIOSCO DA MÚSICA DA PRAZA MAIOR DE LUGO SERÁ O ESCENARIO OS DÍAS 7 E 8 DE SETEMBRO DUNHA SELECCIÓN DE ACTIVIDADES DE MÚSICA, BAILE, GASTRONOMÍA, ARTESANÍA E VELLOS OFICIOS

Volve a Feira do 48 organizada por Cantigas e Frores con apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, que celebra o 76 aniversario da asociación

O quiosco da música da Praza Maior de Lugo será o escenario os días 7 e 8 de setembro dunha selección de actividades de música, baile, gastronomía, artesanía e vellos oficios

Maite Ferreiro e Iria Castro presentaron a programación deste ano xunto con integrantes de Cántigas e Frores

Volve a Feira do 48 organizada por Cantigas e Frores con apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, que celebra o 76 aniversario da asociación




Lugo, 04 de setembro de 2024.- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa deputada provincial Iria Castro, responsábel da área de Cultura, e Bruno Villamor pola Asociación Cultural Cántigas e Frores presentaron a edición 2024 da Feira do 48, actividade organizada co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, que este ano se celebrará na fin de semana do 7 e 8 de setembro na Praza Maior de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou "a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música" e lembrou "o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación".

A Feira do 48 é unha das actividades máis importantes dentro da celebración do 76 aniversario da Asociación Cultural Cántigas e Frores, e nela poderase desfrutar de artesanía e actuacións musicais coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano. A asociación Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Bailai Malditos ou Os Carunchos


A asociación toma referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela vén traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluíndo o ensino.


Programación Feira do 48 do ano 2024

SÁBADO 7
11:48 Apertura feira
12:48 Pregòn a cargo de Emilio Españadero
13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
16:48 Obradoiro de iniciaciòn ao baile tradicional para os máis cativos. Imparte María Besteiro
18:48 concerto da Banda de Gaitas e Percusiòn de Cántigas e Frores
19:48 RUADA:
Os Carunchos
Murga de Cántigas e Frores
Pandeireteiras Lina e Lola

Domingo 8
11:48 Apertura da Feira
11:48 Pasarrúas
12:48 Actuaciòn do grupo de Baile de Cántigas e Frores
18:48 RUADA
Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores
Bailai Malditos
Grupo de Cantareiros de Cantigas e Frores

Volve a Feira do 48 organizada por Cantigas e Frores con apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, que celebra o 76 aniversario da asociación