UNHA XESTIÓN DO CONCELLO DEMOCRÁTICA, EFICAZ E TRANSPARENTE, PROMOVENDO A PARTICIPACIÓN VECIÑAL É A APOSTA DO BNG PARA O VINDEIRO MANDATO

O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Castro de Rei encabezada por Digna Lagarón

IMG_9806
Candidatura do BNG de Castro de Rei para as eleccións municipais de 2019

Lagarón afirmou “conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer un Castro mellor”

O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Castro de Rei encabezada por Digna Lagarón

Castro de Rei, 23 de abril 2019. O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Castro de Rei. Un total de 13 persoas conforman a candidatura que se completa con outras 3 que figuran como suplentes. “Somos mulleres e homes que, baixo as siglas do BNG, nos presentamos ás eleccións por que sabemos que Castro é un sitio con moitas posibilidades para convertelo nese lugar no que a xente quere vivir e traballar” afirmou a cabeza de lista Digna Lagarón.

Lagarón afirmou “conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer un Castro mellor” e engadiu “realizaremos unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais”. Ademais o BNG aposta por  elaborar un Plan para dotar os núcleos rurais de auga potábel, saneamento, acceso viario e transporte público.” Promoveremos a construción de dúas novas depuradoras e de vivendas sociais” apuntou Lagarón.

Entre os obxectivos da candidatura do BNG de Castro de Rei está  mellorar as comunicacións co espazo tecnolóxico de Rozas para potenciar as actividades do comercio local e crear riqueza e emprego no noso concello. “Realizaremos unha xestión dos residuos baseada na recollida selectiva e no reciclaxe” dixo a voceira do BNG.

Candidatura do BNG

1 Digna Lagarón Doval

2 Miguel Saavedra Portela

3 Edgar Paz Iglesia

4 Ana María García Corral

5 Ana Belén Veiga Teijeiro

6 Felipe Andión Penelas

7 Isabel Buíde Carballosa

8 Anibal Rodríguez Otero

9 María Angeles Freire Castro

10 David Vivero Novo

11 Alfonso Legaspi Veiga

12 Olga García Portela

13 Serafín Carballo Carballeira

S1 Mónica Arias Díaz

S2 Domingo Emilio Pérez Pico

S3 Alejandra Cortón Veiga

O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Castro de Rei encabezada por Digna Lagarón