A PARTICIPACIÓN VECIÑAL O IMPULSO DAS ENERXÍAS ALTERNATIVAS E MELLORES SERVIZOS SON A APOSTA DO BNG PARA O VINDEIRO MANDATO

Mar Pérez Frá encabezará a candidatura do BNG en Friol

IMG_9011
Mar Pérez Frá

Mar P. Frá, profesora da USC, afirmou “queremos un Friol moderno e sustentable e iso é apostar polo futuro dun pobo orgulloso da súa identidade”

Mar Pérez Frá encabezará a candidatura do BNG en Friol

Friol, 24 de abril 2019. A profesora da Universidade de Santiago, Mar Pérez Frá, será a candidata do BNG no concello de Friol. “Queremos un Friol sustentable, un concello ordeado e seguro, coa participación das veciñas e veciños nas decisións importantes” sinalou a candidata á alcaldía e avanzou “Potenciaremos o punto limpo e impulsaremos a posta en marcha de un plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación que permita aforrar na factura do lixo e crear emprego en Friol”.

Mar Pérez Frá anunciou a creación dunha oficina de asesoramento para axudar á veciñanza a elixir sistemas de enerxía renovábel máis adaptados as súas necesidades aproveitando as liñas públicas de apoio e explicou “o lume ten posto en perigo casas e vidas ademais de provocar danos ambientais por iso imos a promover unha ordenanza para a prevención de incendios e a salvagarda das condicións de limpeza e seguridade pola que regularemos as plantacións forestais impedindo que se fagan fóra de ordenación”.

Mellores servizos públicos

“Queremos mellorar o centro médico, ofrecer actividades de lecer de calidade aos nosos nenos, ter unha biblioteca pública que funcione. E, sobre todo, o coidado dos maiores ten que deixar de depender só dos coidados que gratuitamente prestamos as mulleres” afirmou a candidata do BNG que tamén precisou a importancia de que Friol conte cun centro de día público.

Mar Pérez Frá encabezará a candidatura do BNG en Friol