O BNG APOSTA POR UNHA XESTIÓN DO CONCELLO DEMOCRÁTICA, EFICAZ E TRANSPARENTE, PROMOVENDO A PARTICIPACIÓN VECIÑAL PARA O VINDEIRO MANDATO
O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Cospeito encabezada por Iolanda García
“Conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”
Segundo a candidata nacionalista “impulsaremos no concello un rural vivo, no que se potencie a actividade agraria, gandeira, económica e forestal para combater o despoboamento e crear riqueza e emprego en Cospeito” e engade “traballaremos por unha política consistente en dar servizo á veciñanza, ampliando os servizos públicos que se prestan desde o Concello e solicitando ao resto de administracións melloras nas prestacións dos servizos sanitarios, educativos, e de atención a persoas maiores, mulleres e crianzas”
A candidatura do BNG é, en palabras de García “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademáis a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.
Candidatura do BNG
1. MARÍA YOLANDA GARCÍA CABANA
2. JOSÉ BARREIRA ALONSO
3. MARÍA MONTSERRAT SANTISO BELLO
4. ALFONSO OLEGARIO AGUIAR BALLESTEROS
5. MARÍA ISABEL TEIJEIRO MURIAS
6. CARLOS MONTERO BASADRE
7. MARÍA JOSÉ NEIRA MASEDA
8. MIGUEL LOZANO GONZÁLEZ
9. NURIA CASTRO VILA
10. DAVID GARCIA IGLESIAS
11. MARIA FÉ NOVO OTERO