“CONFORMAMOS UN EQUIPO PARA GOBERNAR, CON ILUSIÓN, CON CAPACIDADE E COAS IDEAS CLARAS PARA FACER DO INCIO UN LUGAR MELLOR”
O BNG presentou a súa candidatura ao completo no Incio encabezada por José Moscoso
Unha xestión do concello democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal é a aposta do BNG para o vindeiro mandato
O Incio, 26 de abril 2019. O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello do Incio. Un total de 9 persoas conforman esta candidatura, que completan outras 4 suplentes. “Presentámonos a estas eleccións municipais para converter ao Incio nun concello ao servizo do povo, no que a xente queira vivir e traballar” afirmou José Moscoso.
Segundo o candidato nacionalista “temos un equipo para gobernar, con ideas claras e ilusión para mellorar O Incio” e engade “traballaremos por unha política social consistente en dar servizo á veciñanza, poñeremos á súa disposición os locais do concello para actividades lúdicas, deportivas e culturais, promovéndoas tamén polo propio concello e seguindo as prioridades das veciñas e veciños do Incio”
A candidatura do BNG é, en palabras de Moscoso “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer do Incio un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademáis a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.
O BNG aposta tamén por elaborar un Plan, incluíndo axudas en vivenda, entre outras medidas, para atraer a xente a vivir ao rural.
Candidatura do BNG
01. Xosé Moscoso Vizcaíno
02. Fernando Montero Gómez
03. Carme Aira Díaz
04. Lorena García Mourelo
05. María Gallego Maceda
06. José Ramón Rodríguez Fernández
07. Francisco Toirán López
08. Consuelo López Darriba
09. Antón García Montero
S1. Manuel González Jato
S2. Xulio Corujo Rodríguez
S3. Luís Castro Rodríguez
S4. Manuel Gómez Moure