PARTICIPARON A PARLAMENTARIA DO BNG, OLALLA RODIL, A VOCEIRA MUNICIPAL CHUS GIL

O BNG promoveu un acto informativo no Páramo sobre as pensións

ActoBNGPáramo

As reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP foi o comenzo desta situación que viven agora todas as persoas pensionistas

O BNG promoveu un acto informativo no Páramo sobre as pensións

O Páramo, 7 de abril 2018. O BNG organizou  un acto no centro social do Páramo para falar sobre o futuro das pensións e a situación que viven moitas veciñas e veciños do Páramo polos recortes nas súas pensións. Olalla Rodil explicou “temos que dar resposta á desesperación de moitas persoas pensionistas que ven como lles custa chegar a fin de mes e non poden afrontar gastos inesperados por que as súas pensións xa non dan máis de sí” e engadiu “no Bloque Nacionalista Galego, asistimos con preocupación as novas propostas que está a facer o Goberno español, como a ampliación do cómputo de cálculo a toda a vida laboral, que afondan na mesma liña”.

As reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, afondaron na liña neoliberal de individualización e desrregulación das relacións laborais. Atrasouse a idade de xubilación aos 67 anos,ampliouse a 25 o número de anos para calcular a base reguladora, adiantouse a aplicación do factor de sostibilidade ao 1 de xaneiro de 2019, atrasouse a idade de acceso á xubilación anticipada, dificultouse o acceso ao subsidio de desemprego establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo e atrasouse a idade de acceso dos 52 aos 55.

A voceira do BNG no Páramo, Chus Gil, sinalou que “todas as dúbidas que se están a xerar arredor da viabilidade do sistema público de pensións son interesadas para favorecer precisamente os plans privados e seguir no camiño de recorte das pensións públicas” e apountou que “o traballo a realizar ten que ir xusto na dirección contraria, na de recuperar os dereitos eliminados nos últimos anos coa excusa da crise”.

Estas medidas son especialmente mesquiñas en Galiza. Primeiro porque temos as pensións máis baixas do Estado español, e unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á súa poboación, as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares, son miles os que só teñen ingresos procedentes de prestacións das que as pensións son unha parte fundamental, e segundo porque se suma a outras medidas tamén tremendamente inxustas , como son o copago polos medicamentos,  polas residencias, a suba do ive, da auga, da luz, dos carburantes…Hoxe temos un empobrecimento maior d@s pensionistas, case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, a media está máis de 15-20 puntos por baixo da do Estado, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4  mulleres maiores de 65 anos está por baixo do umbral da pobreza.

O BNG promoveu un acto informativo no Páramo sobre as pensións