A PROPOSTA DO BNG PASA POR QUE O CONCELLO ACORDE O USO “ORDENADO” COA PROPIEDADE DO PREDIO, NA ZONA DO CASTIÑEIRO, PARA QUE NON SE OCASIONEN MOLESTIAS

O BNG propón o acondicionamento do aparcadoiro situado nas rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro

AparcCastinheiro

“Trátase dun espazo que xa se utiliza na actualidade e deberíase acondicionar para evitar a lameira que se orixina” sinalou Rubén Arroxo

O BNG propón o acondicionamento do aparcadoiro situado nas rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro

Lugo, 5 de febreiro de 2019. Rubén Arroxo presentou unha proposta para que o concello acometa melloras de acondicionamento no aparcadoiro que está situado na esquina das rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro. “Trátase dun espazo que xa se utiliza na actualidade e deberíase acondicionar para evitar a lameira que se orixina” sinalou Rubén Arroxo e engadiu que “durante o inverno ata resulta perigoso camiñar pola beirarrúa pola cantidade de barro que se acumula e recibimos queixas veciñais”.

Arroxo propuxo que este espazo se inclúa na rede de aparcadoiros disuasorios municipais e se faga un pequeno investimento para mellorar as condicións de uso do mesmo “evitando as molestias que ocasiona na época de chuvia pola lama que se acumula”. A proposta do BNG pasa por que o concello acorde o uso “ordenado” coa propiedade do predio para que non se ocasionen molestias.

O BNG propón o acondicionamento do aparcadoiro situado nas rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro