O BNG propón pór fin ao curso e planificar o vindeiro de forma dialogada coa comunidade educativa
Olalla Rodil “A consellería de educación ten que asumir a súa responsabilidade, ten que tomar decisións”
A deputada do BNG mantivo unha xuntanza con membros da FAPACEL e CIG-Ensino na provincia de Lugo
Lugo, 15 de abril de 2020. Olalla Rodil mantivo unha xuntanza virtual con membros da FAPACEL (Federación Provincial de APAS de Lugo) e o sindicato CIG-Ensino na provincia de Lugo. Nesta valorouse a situación na que atopan tanto alumnado, profesorado e as nais e pais neste momento da crise producida polo COVID-19.
Desde o BNG propoñemos ao igual que as asociacións de nais e pais como das organizacións sindicais que se de por rematado o curso académico a data do 13 de marzo, data que se deron suspendidas as aulas presenciais e deste xeito poñan finalizado o curso na segunda avaliación, así que a Xunta de Galiza abra unha mesa de diálogo coa comunidade educativa para planificar o curso 2020-2021.
Olalla Rodil declarou “a consellería de educación ten que asumir a súa responsabilidade, ten que tomar decisións que rematen coa incerteza que se está a vivir no ámbito educativo, temos que rematar con esta idea de falsa normalidade”.
Tanto nais e pais como os traballadores do ensino amosaron unha falta de coordinación por parte da Xunta de Galiza, na que tanto o ensino virtual ou a incerteza sobre a continuidade do curso escolar, non se adoptan á realidade que vive a comunidade educativa.
Os colectivos resaltaron a falta de información do proceder da consellería, a falta de sensibilidade da situación emocional das familias, como tamén a falta de consideración das condicións xeográficas do territorio da provincia -meirande parte rural- onde a fenda dixital é o condicionante principal.
Segundo unha enquisa interna de FAPACEL declararon que un 15% do alumando non posúe acceso á internet e un 50% ten problemas puntais para poder utilizar ferramentas tecnolóxicas, xa sexa polo acceso aos equipos como a calidade da conexión. Estas causas están producindo trastornos e incrementando a desigualdade.
Olalla Rodil destacou “é evidente que esta crise producida polo COVID-19 puxo en evidencia a enorme fenda dixital que existe no noso país, nas comarcas de Lugo máis evidente pola falta de conectividade que temos nas comarcas do rural, pero non só, hai moitas familias nas zonas urbanas que non contan con máis dun ordenador para cubrir todas as necesidades que ten o alumando ou a propia familia”
A deputada segue mantendo estas reunións con colectivos de xeito virtual para pór medidas en riba da mesa para a xestión desta crise, na que o BNG segue tendendo a man para paliar os efectos da mesma.