O BNG propón no pleno municipal solicitar ao estado unha nova regulación da tarifa eléctrica

Felipe Rivas

Felipe Rivas: “as veciñas e veciños da Galiza estamos a pagar a luz máis cara, sendo productores de enerxía para o resto do estado”

O BNG iniciará unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar unha tarifa eléctrica pensada para as galegas e galegos

O BNG propón no pleno municipal solicitar ao estado unha nova regulación da tarifa eléctrica

Lugo, 07 de maio de 2021. O edil do BNG de Lugo, Felipe Rivas, defendeu unha proposición no pleno municipal na que se insta ao estado a elaborar nova regulación eléctrica, pensada para as veciños e veciñas da Galiza. Felipe Rivas explicou que “coa nova tarifa imposta polo goberno do Estado, a maioría dos e das consumidoras imos ter un aumento nos custes cunha tarifa que condiciona un posible aforro na factura a un cambio nos hábitos de vida”.

Xunto coa posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, a proposta do BNG defende un IVE super-reducido do 4% en lugar do 21% que se aplica agora, “porque é un servizo básico e non un artigo de luxo”, segundo declarou Felipe Rivas, así como a supresión do imposto especial de electricidade. A proposta presentada no pleno municipal foi votada en contra polos partidos con representación estatal.

Felipe Rivas avanzou que nos vindeiros días se iniciará unha campaña nos barrios de Lugo para facer chegar a toda a veciñanza as propostas do BNG sobre a regulación eléctrica.

O BNG propón no pleno municipal solicitar ao estado unha nova regulación da tarifa eléctrica