O EDIFICIO DO MATADOIRO LEVA DÉCADAS PECHADO E, ENTRE OUTRAS POSIBILIDADES, PODERÍA ALBERGAR UNHA INSTALACIÓN DEPORTIVA CUBERTA

O BNG propón popularizar o Skate ou o Padel cunha instalación pública no antigo matadoiro

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitando o edificio do antigo matadoiro de Lugo
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitando o edificio do antigo matadoiro de Lugo

“Temos propostas para os edificios que o concello ten abandonados e que deberían recuperarse e poñerse en uso” afirmou Arroxo

O BNG propón popularizar o Skate ou o Padel cunha instalación pública no antigo matadoiro

Lugo, 7 de setembro de 2018. Rubén Arroxo lembrou que as naves que ocuparon o antigo matadoiro levan décadas pechadas e sen uso definido para un futuro próximo. O voceiro do BNG afirmou “temos propostas para os edificios que o concello ten abandonados e que deberían recuperarse e poñerse en uso” e insistiu na necesidade de “creer nas posiblidades desta cidade para que todos e todas as lucenses sintan que o goberno municipal é útil para a cidade”.

Arroxo recoñeceu que as posibilidades de facer propostas para un edificio como o do antigo matadoiro son numerosas pero sinalou que “hai deportes que teñen gran demanda social para a súa práctica e que neste momento non teñen instalación públicas cubertas onde a xente poida acudir”. O voceiro do BNG no concello de Lugo referiuse ao éxitoso campeonato internacional de Padel que se celebra estes días na cidade e apuntou a necesidade de popularizar este deporte coa creación dunha instalación pública cuberta.

Arroxo lembrou tamén que o pleno municipal aprobou, en outubro de 2017, unha iniciativa para crear unha pista de Skate pero aínda nada se fixo. Lugo é a única das 7 cidades galegas que non contan cunhas instalacións deportivas acondicionadas para poder levar a cabo a actividade de skate dunha forma correcta, a día de hoxe as infraestruturas existentes non son aptas para a realización desta disciplina deportiva. Na iniciativa proposta polo BNG e aprobada polo Pleno da corporación xa se pedía o acondicionamento dalgún espazo baleiro co fin de que poidan instalarse elementos básicos de adestramento de Skate para as épocas máis complicadas do inverno.

O BNG propón popularizar o Skate ou o Padel cunha instalación pública no antigo matadoiro