ESTE PAVILLÓN LEVA DÉCADAS PECHADO E ESTA SITUADO EN PLENO CENTRO DA CIDADE ONDE NON EXISTE NINGUNHA OUTRA INSTALACIÓN DEPORTIVA CUBERTA

Rubén Arroxo aposta pola recuperación do Polideprotivo da Calella da Deputación

IMG_6207

O BNG presentará unha iniciativa para que se aclare a titularidade do inmoble e se poña de novo en funcionamento

Rubén Arroxo aposta pola recuperación do Polideprotivo da Calella da Deputación

Lugo, 6 de setembro de 2018. Rubén Arroxo sinalou a escaseza de instalacións deportivas cubertas, sobre todo no centro da cidade, e apuntou a necesidade de estudar a posible recuperación deste multiusos que leva varias décadas pechado. O BNG iniciará as xestións para aclarar a titularidade do edificio e proporá a súa recuperación e apertura para a súa posta en funcionamento como instalación deportiva e aproveitando a súa privilexiada situación.

Aínda que a propiedade dos terreos deste edificio pertencen, en parte, a propietarios privados e outra parte podería pertencer á Xunta de Galiza. O seu actual estado de abandono podería conducir a que as administracións chegasen a acordos coa propiedade para recuperar o seu uso público.  “Trátase de vontade política e de ter intención de facer as xestións precisas para que Lugo conte cunha necesaria instalación deportiva no centro da cidade” explicou Arroxo.

O pavillón foi construído durante a ditadura sobre o terreo que formaba parte do patio do palacete construído nos anos 20 para un Gran Hotel na praza de Sto Domingo. Nos anos 40 a Falanxe, sen pedir permiso aos propietarios, construíu este pavillón sobre os terreos privados e terreos que agora son propiedade da Xunta de Galiza. Este pavillón leva décadas pechado e esta situado en pleno centro da cidade onde non existe ningunha outra instalación deportiva cuberta.

Rubén Arroxo aposta pola recuperación do Polideprotivo da Calella da Deputación