PARA O BNG “QUEDAN CONSTATADOS OS AMAÑOS ENTRE PP E PSOE”

PARA O BNG “QUEDAN CONSTATADOS OS AMAÑOS ENTRE PP E PSOE”

A voceira do BNG dixo que “queda claro que a baixada de cabeza do alcalde de Lugo ante o conselleiro de cultura forma parte dos acordos entre PP e PSOE”

Para o BNG resulta lamentable que “a Xunta castige a Lugo e o castigo non se levanta se Castiñeira non quere”

Lugo, a 3 de setembro de 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo  sinalou, tras as declaracións de Jaime Castiñeira, que “está claro que a Xunta castiga a Lugo e o castigo non se levanta se Castiñeira non quere”. Esta foi a reacción que suscitou no BNG o feito de que o voceiro popular dixera que el podería mediar ante a Xunta de Galiza para a aprobación do 5% do PXOM. Paz Abraira dixo que “cada vez é máis evidente o amaño entre PP e PSOE que o BNG viña denunciando”.

Para o BNG “está claro que o pacto do PP co PSOE vai moito máis alá dos acordos para a aprobación dos remanentes”. Paz Abraira sinalou que “as dúas forzas maioritarias están tratando de consolidar o sistema bipartidista”. Lugo queda sen museo da romanización e sen arranxo do cuartel de S Fernando “por que está claro que esto forma parte dos acordos entre PP e PSOE” dixo Abraira que engadiu que “se non, non se entende a baixada de cabeza do alcalde de Lugo ante o conselleiro de cultura”.

Paz Abraira engadiu que “resulta lamentable que a frustración de Castiñeira por non ser alcalde o leve a alardear de ser o valedor necesario ante a Xunta para que os proxectos relacionados coa cidade poidan avanzar na administración que dirixe Feijoo”. Abraira cualificou de “paripé” a actitude, aparentemente enfrontada, de ámbalas dúas forzas nos plenos “mentres que son PP e PSOE quenes dedicidiron o uso do cartos dos lucenses nun amaño escuro e descoñecido”.

PARA O BNG “QUEDAN CONSTATADOS OS AMAÑOS ENTRE PP E PSOE”