PARA O BNG OS AMAÑOS DE OROZCO CO PP DEIXARÁN A LUGO SEN MUSEO DA ROMANIZACIÓN
Paz Abraira dixo que é curioso que Orozco fora acompañado da súa xefa de gabinete, ao mellor o resto do goberno do PSOE non estaba dacordo con este acordo co PP
A excusa da crise económica non é válida para un proxecto que está na axenda da Xunta dende o fai máis de sete anos Para a voceira do BNG
Lugo, a 26 de agosto de 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, manifestou a súa sorpresa pola actitude do alcalde do concello de Lugo ante o que parece un novo ninguneo do Partido Popular á nosa cidade. Para o BNG trátase dunha mostra máis do achegamento entre PP e PSOE. Abraira sinalou que non sabemos o que lle debe López Orozco ao PP pero está claro que aceptar con complacencia un retraso indefinido na construción do museo da romanización ten que estar relacionado cos amaños oscuros aos que chegou con Castiñeira. Para os nacionalistas está claro que os amaños de Orozco co PP deixarán a lugo sen museo da romanización.
Paz Abraira dixo que a excusa da crise económica non é válida para un proxecto que está na axenda da Xunta dende o fai máis de sete anos e engadiu que non é normal que o alcalde de Lugo vai a Santiago a rendirlle pleitesía ás negativas dun conselleiro que aínda non tivo a decencia de visitar o edificio do Cuartel de San Fernando para coñecer o seu estado de primeira man. Abraira referiuse ao feito de que a concelleira de cultura non asistira á xuntanza co conselleiro e dixo que é curioso que Orozco fora acompañado da súa xefa de gabinete, ao mellor o resto do goberno do PSOE non estaba dacordo con este acordo co PP.
Para o BNG é lamentábel que sexa o alcalde de Lugo o que teña que viaxar a Santiago para que lle neguen unha infraestrutura necesaria para a conservación e posta en valor dos multiples restos arqueolóxicos de Lugo. Non sabemos cales son os oscuros acordos entre PP e PSOE pero tanto a aprobación dos remanentes, como a actitude de ámbolos dous partidos na folga de Urbaser, como está baixada de orellas de López Orozco deixan á vista dos lucenses o compadreos destas dúas forzas dixo Paz Abraira.