O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica

Felipe Rivas: “as veciñas e veciños da Galiza estamos a pagar a luz máis cara, sendo productores de enerxía para o resto do estado”

O BNG colocará a carpa informativa en distintas zonas da cidade durante as vindeiras semanas

O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica

Lugo, 27 de setembro de 2021. O BNG vén de iniciar en Lugo unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar ao goberno do estado unha nova regulación da tarifa eléctrica. O edil do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que “a nova tarifa imposta polo goberno do Estado está a facer que a maioría dos e das consumidoras teñamos un aumento nos custes, e condiciónase un posible aforro na factura a un cambio importante nos hábitos de vida”.

O BNG defende a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, ademais dun IVE super-reducido do 4% en lugar do 21% que se aplica agora ao consumo de electricidade, así como a supresión do imposto especial de electricidade. Felipe Rivas explicou que “a luz é un servizo básico, non un artigo de luxo, ademais, as galegas e galegos estamos a pagar a luz máis cara do estado, sendo produtores de enerxía que se consume fóra de Galiza”.

 

O BNG continúa a traballar para que a riqueza eléctrica repercuta en beneficio das familias, da clase traballadora e das empresas para crear emprego, de aí esta campaña de denuncia e mobilización social. Medidas como a tarifa eléctrica galega, a creación dunha empresa pública de enerxía que asuma as concesións hidroeléctricas a medida que vaian caducando, ou que a instalación de novos parques eólicos se vincule a proxectos industriais que xeren emprego son as propostas do BNG para poñer freo á suba do recibo da luz.

 
 
 
O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica