O BNG de Samos insta ao goberno municipal a reactivar as actividades culturais e sociais
A voceira municipal, María Xesús López, sinalou “garantindo todas as medidas de seguranza, as actividades culturais e deportivas deben continuar”
Samos, 1 de setembro de 2020.- O bloque de Samos insta ao goberno municipal a reprogramar e amosar unha axenda das actividades culturais e deportivas para o ciclo 2020-2021.
As nacionalistas resaltan que desde o goberno municipal non están a poñer os medios precisos para que se poidan seguir desenvolvendo con total seguridade, garantindo as medidas socio-sanitarias fronte a COVID-19.
María Xesús López, voceira do BNG en Samos declarou “desde o goberno municipal non están pola labor de facilitar espazos para poder desenvolver as actividades culturais e deportivas con seguridade, teñen que buscar outras alternativas para poder desenvolvelas”
Neste sentido recalcou “desde o Concello débese axudar e amosar o apoio ao noso asociacionismo, felicitándolles a súa labor e máis nesta situación que vivimos por mor do coronavirus, por isto, instamos a que desenvolvan unha axenda de actividades deste novo curso, de acordo cos colectivos de Samos para garantir a súa actividade como a seguranza dos participantes”