A INTERVENCIÓN TEN UN PRAZO DE REALIZACIÓN DE 1 MES E FOI ADXUDICADA POR 22.146,53€
A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal
Cristina López: “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza de Lugo e que axudará á mellora da imaxe do noso cemiterio municipal”
Lugo, 02 de setembro de 2020. A Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou a contratación da modernización do sistema de evacuación de augas pluviais no cemiterio municipal. Segundo indicou Cristina López, “trátase dun traballo importante para o Cemiterio Municipal que axudará á mellora da súa imaxe e reducir o mantemento do sistema actual de evacuación”.
A actuación foi contratada po 22.146,53 e ten un prazo de realización dun mes. Realizarase a rehabilitación e reconstrución de cunetas, canles e salvacunetas de formigón, xunto co nivelado, alisado e remate con pavimento e a conexión coas redes de evacuación existentes.
“Trátase dunha actuación moi demandada nos últimos tempos pola veciñanza de Lugo”, informou Cristina López, que engadiu “desde a área de Participación traballamos para que Lugo conte cun Cemiterio Municipal público e referencial”.