DURANTE ESTA SEMANA REALIZARANSE PINTADOS DISTRIBUÍDOS POR TODA A CIDADE

Avanza o pintado da sinalización horizontal da cidade

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron os traballos realizados nos últimos días

Avanza o pintado da sinalización horizontal da cidade

Lugo, 02 de setembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron no día de hoxe os avances realizados no pintado da sinalización horizontal nas rúas Quiroga e Río Lor. Arroxo informou de que “nestes días estanse a preparar distintas rúas, eliminando a capa antiga de pintura e preparando o asfalto para recibir a nova sinalización en distintos barrios da cidade”.

No día de hoxe estanse a realizar a preparación de distintas rúas de Fingoi, edo Carme, mentres que mañá se comezará a preparación de rúas da Cheda e da Residencia. Na pasada noite se pintouse nova sinalización no barrio de Fingoi, na Residencia,  e no Carme, mentres que a previsión para esta noite é continuar o pintado da Cheda e en Fingoi.

O pintado modificarase para adaptalo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento. Rubén Arroxo afirmou que “todas estas modificacións tratan de mellorar a seguridade peonil, das bicicletas e motos e das persoas con mobilidade reducida”.

Pintado realizado na noite do 1 ao 2 de setembro

Ronda de Fingoi, entre a Avenida de Madrid e a Avenida de Magoi, 
Rúa Agro da Torna, Rúa Illa de Man, Rúa Vicente Risco, Rúa María Castaña, Rúa Enriqueta Otero, Rúa Antonio Rosón, Praza Augas Férreas, Rúa Cánovas del Castillo, Rúa Rafael Dieste, Rúa Círculo das Artes, Rúa Camilo José Cela, Rúa Vazquez Seijas, Rúa Bernardino Pardo Ouro, Avenida Carvalho Calero, Estrada da Granxa, Rúa Cántigas e Frores, Rúa Eirin, Rúa Río Ulla, Rúa Río Lor, Rúa Escultor Asorei, Rúa Portugal, Rúa Quiroga.

Pintado a realizar previsto para a noite do 2 ao 3 de setembro

Ronda de Fingoi a partir de Alfonso X, Rúa Agro da Torna, Rúa Illa de Man, Rúa Vicente Risco, Ronda da República Arxentina, Rúa Madanela, Avenida de Magoi, Rúa Acea de Olga, Rúa Antonio Rosón, Praza Augas Férreas, Rúa Cánovas del Castillo, Rúa Rafael Dieste, Rúa Camilo José Cela, Rúa Vázquez Seijas, Rúa Cántigas e Frores, Rúa Erin, Rúas comprendidas entre a Rúa de Valiño e a Rúa da Zarra, Rúa Madalena, Rúa Onda de Echave, Rúa Río Ulla, Rúa Río Lor, Rúa Escultor Asorei, Rúa Portugal, Rúa Quiroga.

Preparacións de rúas durante o mércores 2 de setembro

Rúa Bispo Ona de Echave, Rúa Noriega Varela, Rúa do Valouro, Rúa Estaca de Bares, Rúa Monte Picato, Rúa Deputación, Avenida de Magoi, Rúa Madalena, Rúas comprendidas entre a rúa do Valiño e a rúa da Zarra.

Preparacións de rúas previstas para o xoves 3 de setembro

Rúa Pousadela, Rúa Río Mandeo, Rúa Río Lea, Rúa López Cuevillas, Rúa Río Landro, Rúa Río Eume, Rúa Río Pambre, Rúa Músico Mestre Soutullo, Rúado Trebo, Avenida Marqués de Ombreiro

Avanza o pintado da sinalización horizontal da cidade