MAITE FERREIRO PUXO COMO EXEMPLO OS RECENTES NOMEAMENTOS EN COMISIÓN DE SERVIZO NAS XEFATURAS DE CULTURA, BANDA MUNICIPAL E PARQUE MÓBIL

O BNG sinala os informes negativos dos nomeamentos “a dedo” nas xefaturas de servizo

IMG_0630

“Non entendemos como se tarda varios anos en cubrir estes postos e se fai tan mal e con informes desfavorables do departamento de Persoal e da Intervención” afirmou a edil do BNG

O BNG sinala os informes negativos dos nomeamentos “a dedo” nas xefaturas de servizo

Lugo, 04 de abril de 2019. A edil do BNG, Maite Ferreiro, cualificou hoxe como “outro despropósito máis deste goberno municipal” o feito de que se fagan nomeamentos nas xefaturas de servizo, a través de Comisións de Servizo, nas que aparecen informes negativos. Maite Ferreiro explicou que “unha vez revisada a documentación dos expedientes de nomeamento de varias xefaturas de servizo, como o caso das xefaturas de Cultura, da Banda Municipal e do Parque Mobil Municipal”.

 

Existen informes negativos do interventor municipal e do departamento de persoal do concello , nos nomeamentos das Comisións de Servizo debe xustificarse a súa urxencia,  nestes casos é evidente que se non estan cubertos é pola desidia do goberno, levan anos sen cubrir e afirmou “non entendemos como se tarda varios anos en cubrir estes postos e se fai tan mal e con informes desfavorables do departamento de Persoal e da Intervención”. Para o BNG “os problemas de persoal existentes neste concello son, na maior parte dos casos, xerados por decisións do goberno que poden resultar ate sospeitosas”. Ferreiro avanzou que presentará unha serie de preguntas na Comisión correspondente para que o goberno dea conta destas decisións e que diga, como vai cubrir os postos que quedan vacantes  Servizos Sociais e Policia , servizos prioritarios para a veciñanza.

 

Ferreiro lembrou como “este goberno nomeou, en maio de 2018, un Director Xeral de Recursos Humanos que cobra arredor de 5.000 euros ao mes pero os problemas en materia de persoal continúan incrementándose, por que as decisións quen as toma é o goberno e non atenden, unicamente, ao bo funcionamento do concello”. Ferreiro dixo que, con esta tramitación dos expedientes, “é normal que os recursos en materia de perosal proliferen, con todas as consecuencias que isto ten para o funcionamento do concello”.

O BNG sinala os informes negativos dos nomeamentos “a dedo” nas xefaturas de servizo