O BNG solicita á Xunta completar con fondos propios as axudas á produción en ecolóxico
O Bloque apoiou a concentración convocada polo Sindicato Labrego Galego en Lugo na que se reclamou solucións urxentes para este modelo de produción
Olalla Rodil: “desde o BNG pedimos á Xunta de Galiza a que complete as axudas da PAC para ecolóxico con fondos propios e chegar até os 5,6 M€ necesarios para satisfacer todas as solicitudes”
Lugo, 16 de decembro 2022.- O Bloque Nacionalista Galego apoiou a concentración convocada polo Sindicato Labrego galego hoxe do edificio administrativo da Xunta de Galiza de Lugo, na que se reclamararon solucións ante o recorte de axudas á produción en ecolóxico da PAC e que está a levar ao sector ao precipicio.
Participaron nesta concentración a viceportavoz e deputada por Lugo do BNG no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, xunto co responsábel local do BNG en Lugo, Felipe Rivas e diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG nas distintas administracións.
Olalla Rodil explicou que “desde o BNG pedimos á Xunta de Galiza a que complete as axudas da PAC para ecolóxico con fondos propios e chegar até os 5,6 M€ necesarios para satisfacer todas as solicitudes presentadas e que cumpran cos requisitos” e anunciou “esta medida será tratada no vindeiro pleno do Parlamento galego”
A deputada nacionalista destacou a situación pola que están a pasar as explotacións agrogandeiras do ecolóxico “A situación é insostible para moitas granxas xa polo aumentos dos custos de produción e o contexto socioeconómico da inflación, e máis se se lle sumamos a falta de previsión orzamentaria do Goberno galego ante este tipo de produción agrogandeira”, afirmou a deputada.