O BNG achegará a todos os fogares información do traballo feito durante este mandato no Concello de Lugo

Rubén Arroxo informou que se enviarán perto de 40.000 exemplares en papel e farase un envío dixital para achegar esta publicación a todas as persoas interesadas

 

Ediles do BNG responsabilizanse de diferentes áreas do goberno municipal baixo a Tenencia de Alcaldía que dirixe Rubén Arroxo

O BNG achegará a todos os fogares información do traballo feito durante este mandato no Concello de Lugo

Lugo, a 14 de decembro de 2022. O BNG de Lugo enviará a todos os domicilios do concello información sobre o traballo realizado polo seu grupo municipal, neste treito do mandato, como parte do goberno municipal. O boletín recolle imaxes e textos de algunhas das actuacións impulsadas polas áreas de goberno que ostentan os concelleiros e concelleiras nacionalistas. Inclúense  imaxes previas e posteriores ás diferentes peonalizacións feitas en diversas rúas da cidade. Tamén se sinalan actuacións feitas no diferentes barrios e no centro da cidade. Teñen protagonismo a implatación dos vieiros escolares seguros ou melloras destinadas á mellora do turismo na cidade. Avances na rúa Quiroga Ballesteros, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal son protagonistas da edición así como as reivindicacións feitas ante a Xunta de Galiza para que se fagan inversións no barrio da Tinería.

Rubén Arroxo informou que se enviarán perto de 40.000 exemplares en papel e farase un envío dixital para achegar esta publicación a todas as persoas interesadas, Así os exemplares irán chegando, vía postal, a todos os domicilios de Lugo. Unha entrevista a Rubén Arroxo pecha a edición deste boletín informativo que ven a dar conta de parte da actividade feita polo BNG dende o goberno municipal de Lugo. "A información deber achegarse a todos os veciños e veciñas para informar da labor que están a facer os grupos políticos ao frente da corporación" dixo Rubén Arroxo.

Pódese descargar a edición electrónica en: https://www.calameo.com/books/0072557718fb32fdda365

O BNG achegará a todos os fogares información do traballo feito durante este mandato no Concello de Lugo