O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego “Non nos serven as escusas do SERGAS de que non hai persoal substituto”

A formación nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento galego para que se garanta o dereito á saude das crianzas

O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Lugo, 14 de decembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego traslada ao Parlamento de Galiza as circunstancias polas que están a pasar as nenas e e nenos e as súas famílias dos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei pola falta dunha persoa facultativa especialista no servizo de pediatría de atención primaria.

A praza desta persoa especialista leva máis de tres semanas sen repoñerse, polo que o BNG esíxelle á Xunta de Galiza en mans do Partido Popular a que cubra esta praza.

A nós non serve as escusas do SERGAS de que non hai persoal substituto” declarou a deputada do BNG por Lugo no Parlamento, Olalla Rodil. Deste xeito, Rodil sinalou que as crianzas precisan dunha atención especializada “as nenas e nenos non son pequenos adultos, teñen as súas necesidades específicas por isto teñen a súa especialidade médica

Neste senso, a deputada anunciou “desde o BNG insistimos en que se cubran estas prazas canto antes e se dote do persoal sanitario preciso para garantir o dereito á saúde, sobre todo neste concellos do rural no que estas prazas están compartidas en varios concellos, como é este o caso de Outeiro, Cospeito ou Castro de Rei

 

 

Olalla Rodil destacou que esta situación non é illada, senón que é xa unha conxuntura cotiá no servizo de saúde público “este feito de pediatría tamén está a pasar en Vilalba ou A Pastoriza, mais tamén a situación esperpéntica das urxencias de pediatría do HULA sen unha sala de espera”

O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei