O BNG urxe á Xunta a solucionar as deficiencias da sala de espera nas urxencias pediátricas do HULA
O BNG presenta iniciativas no Parlamento galego para que o Goberno galego adopte as medidas necesarias para garantir un espazo acondicionado
Olalla Rodil “Non é de recibo que as familias e as nenas e nenos estean esperando de pé e nun espazo sen calefacción”
Lugo, 12 de decembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego traslada ao Parlamento de Galiza as circusntancias polas que están a pasar as nenas e e nenos e as súas famílias na espera das urxencias pediátricas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento explicou “as crianzas e a súas familias non dispoñen dunha sala de espera tendo que agardar a seren atendidas no corredor, no non se dispoñen de suficientes cadeiras, tendo incluso que estar no chan na espera e sen calefacción”
Neste senso, a deputada anunciou “desde o BNG instamos de forma urxente ao Goberno galego a que adopte un espazo acondicionada como sala ou as medidas necesarias para que as nenas e nenos e as súas familias conten cun espazo minímamente cómodo”
Olalla Rodil subliñou “non é de recibo que as nenas e nenos estean esperando de pé e pasando frío, por isto o BNG impulsa iniciativas con carácter urxente para pór fin a esta situación”