O BNG trae a Lugo a súa campaña contra a política de enerxética da Xunta
Critica que o canón eólico son migallas da facturación millonaria das eléctricas, que recolocan a ex cargos do PP a través das portas xiratorias
“Eólicos si, pero desde un modelo xusto no ambiental, económico e social” dixo Rúben Arroxo
Lugo, 7 de xuño de 2021. Cargos orgánicos e institucionais do BNG participaron na mesa colocada polo BNG para propoñer un novo modelo de explotación eólica. Un modelo que leve evite un país con montes cheos de parques eólicos que non reverten nada nas zonas onde están instalados. Galiza está inmersa nun segundo boom de depredación eólica no que o Goberno do PP se coloca a favor do lobby eléctrico e en contra da cidadanía, mentres sube a factura da luz, subida que en Galiza é especialmente “aberrante” por ser produtora de electricidade.
“O Presidente da Xunta terá que aclarar de que lado está, se dos que defenden os intereses de Galiza, das PEMES, das familias ou se vai seguir abrazado ao lobby enerxético, facendo de comercial de Iberdrola, de Naturgy e doutras multinacionais eléctricas colocando os recursos do País ao seu servizo”, salientou o líder nacionalista, ante un Feixoo, “que actúa como o principal valedor do espolio enerxético do País”.
Arroxo explicou, como exemplo, o Parque eólico de Ourol da empresa Greenalia, na que encontrou acomodo a ex conselleira de medio ambiente Beatriz Mato “a través das portas xiratorias”. Cun beneficio bruto estimado de 2,1 M€ nesa explotación, o canón estimado é de 11.500 €, un 0,55%: “migallas para o público tras elaborar unha normativa á medida das eléctricas que responden recolocando a ex cargos do PP”, sintetizou Rubén Arroxo.
“O concello de Muras con 381 aeroxeneradores, o de máis muíños de toda Galiza, e dous postos de traballo fixos. O único beneficio real foi o decretado polo goberno municipal do BNG abaratando o prezo da luz aos seus veciños e veciñas”, explicou.
Arroxo que urxiu mudar o modelo de espolio no que Galiza asume os custes ambientais, sociais e económicos mentres que os beneficios emigran, e nin sequera se traduce en postos de traballo como se empeña en difundir a propaganda do lobby eléctrico.