A COMISIÓN PROVINCIAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO CONSTITUÍSE NO DÍA DE HOXE CON REPRESENTACIÓN DAS INSTITUCIÓNS CIVÍS, CORPOS POLICÍAS, XUDICATURA, AVOGACÍA E REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS

O BNG trasladará unha proposta, á recen constituída comisión contra a violencia de xénero, para lograr un xulgado específico nesta materia

cartaz violencia de xénero agosto 2018

“Entendemos que un órgano destas características pode ter peso suficiente para demandar este servizo necesario para Lugo” dixo Maite Ferreiro

O BNG trasladará unha proposta, á recen constituída comisión contra a violencia de xénero, para lograr un xulgado específico nesta materia

Lugo, 18 de febreiro de 2019. A edil, Maite Ferreiro, anunciou que o BNG lle trasladará unha proposta á Comisión Provincial contra a violencia de Xénero para procurar a creación en Lugo dun Xulgado Específico contra a Violencia de Xénero. Ferreiro sinalou o interese da creación deste órgano de coordinación por que “entendemos que un órgano destas características pode ter peso suficiente para demandar, para Lugo, un xulgado específico de violencia de xénero”.

“Nesta mesma semana enviaremos unha proposta concreta e un relatorio de todas as xestións que levamos feito ante as diferentes institucións para que, co respaldo de todas as institucións e entidades representadas na Comisión, se faga unha petición conxunta deste servizo necesario para Lugo” explicou Ferreiro.

Dende o BNG tamén se trasladará á comisión unha petición para que a Xunta de Galiza desenvolva a Lei 11/2007 Galega para a prevención e tratamento integral contra a violencia de xénero. “Esta lei galega recolle medidas máis avanzadas no pacto de estado” sinalou Maite Ferreiro e afirmou “a xunta debe comprometerse a dotar de partidas económicas necesarias os orzamentos para poder desenvolver esta norma e así tentar efectivizar todos os obxectivos da mesma”.

O BNG trasladará unha proposta, á recen constituída comisión contra a violencia de xénero, para lograr un xulgado específico nesta materia