O DESMANTELAMENTO DAS INICIATIVAS CULTURAIS POSTAS EN MARCHA POLO BNG NA DEPUTACIÓN E NO CONCELLO DE LUGO CENTRARON A XUNTANZA

O BNG urxe un cambio nas políticas culturais do Concello, Xunta e Deputación

IMG_2832

A Parlamentaria Olalla Rodil, o Deputado Provincial Xosé Ferreiro e a concelleira Maite Ferreiro mantiveron un encontro con representantes de entidades culturais en Lugo

O BNG urxe un cambio nas políticas culturais do Concello, Xunta e Deputación

Lugo, 13 de decembro de 2017. A parlamentaria do BNG Olalla Rodil, acompañada do Deputado Provincial Xosé Ferreiro e da edil Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con representantes de colectivos e entidade culturais lucenses para coñecer de preto cales son as problemáticas que, en materia cultural, se atopan nas súas relacións coas institucións á hora de traballar. Xosé Ferreiro, que tivo responsabilidades de goberno na Área de Cultura da Deputación, lamentou o desmantelamento das iniciativas culturais postas en marcha polo BNG na Deputación e no Concello de Lugo que tiveron lugar nos últimos tempos.

Para os representantes do BNG “fica claro que os goberno do PP e PSOE son proclives a gastar os cartos da cultura en cemento como ocurriu en Lugo coa construción dun novo auditorio que permanece pechado e do MIHL que non ten unha programación concreta nin unha vocación específica en canto ao contido expositivo”. Maite Ferreiro sinalou que “na programación cultural da cidade teñen moi pouca presenza as propostas que xurden dende o tecido asociativo-cultural e dende os artistas locais” e engadiu “é triste a carencia de espazos que sofren músicos e artistas mentres vemos como espazos como o Auditorio Gustavo Freire a penas teñen utilización ao longo do ano, agás para eventos moi concretos”.

Na xuntanza demandouse unha maior atención das administracións ás propostas feitas dende o tecido cultural e un incremento nos investimentos dado que, segundo afirmou Maite Ferreiro, “as administracións apenas adican unha pequena porcentaxe do que se orzamenta nos apartados de cultura en xenerar unha oferta cultural e  contidos para os espazos culturais”. Outra das demandas dos colectivos e contar cunha maiores facilidades á hora de poder dispoñer de espazos de titularidade pública para a celebración de eventos de caracter cultural asi como ser partícipes das programacións deseñadas dende as institucións.

O BNG urxe un cambio nas políticas culturais do Concello, Xunta e Deputación