“ALEGRÁMONOS DE QUE AS ACCIÓNS DO GOBERNO ESTÉN BASEADAS NO PROGRAMA DO BNG ESTO DEMOSTRA QUE ERAMOS OS ÚNICOS QUE TEMOS PROXECTO PARA LUGO” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG-AA propón unhas piscinas termais totalmente accesibles e un aparcadoiro verde na Ponte Romana

Ecological parking for cars and a green grass

“Entendemos que Lugo debe seguir apostando por ser un referente no turismo accesible e apostaremos por que todas as actuacións que se fagan teñan en conta esta cuestión” sinalou Arroxo

O BNG-AA propón unhas piscinas termais totalmente accesibles e un aparcadoiro verde na Ponte Romana
Lugo, 10 de marzo 2016. “Alegrámonos de que as accións do goberno estén baseadas no programa do BNG esto demostra que eramos os únicos que temos proxecto para Lugo” dixo Rubén Arroxo referíndose a todos os anuncios feitos polo goberno local nesta semana e á limitación da velocidade a 30 km / hora na ronda da Muralla. Arroxo lembrou como foi o BNG quen leva moitos anos incluíndo no seu programa de goberno a creación de piscinas termais no entorno do balneario (http://arquivo.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/lugo/contidos/novas/novas/nova_0063.html?uri=/BNG/lugo/seccions/novas/index.html ) e salientou que “é unha débeda deste coas persoas que aquí viven e que nos visitan, facilitar o disfrute das augas termais que están a marchar polo río abaixo”.

Arroxo propuxo que “á hora de efectivizar esta proposta hai que elaborar un proxecto que permita que estas piscinas termais sexan totalmente accesibles para seguir avanzando en que Lugo sexa un concello con instalacións totalmente accesibles”. “Entendemos que Lugo debe seguir apostando por ser un referente no turismo accesible e apostaremos por que todas as actuacións que se fagan teñan en conta esta cuestión” sinalou Arroxo que pediu, unha vez máis, que se acometa a peonalización da Calzada da Ponte “como vía principal de conexión entre a cidade e o río e como parte, que é, do Camiño Primitivo”.

Para o BNG-AA a creación das piscinas termais debe estar incluída nunha rede de infraestruturas de deporte e natureza. O voceiro nacionalista defende que o río Miño é, xunto á Muralla, un dos principais sinais de identidade que ten Lugo, polo que ten que ser potenciado. O BNG-AA propón crear unha rede de infraestruturas vinculadas ao río, incluíndo a praia fluvial, o complexo dos Robles, a Escola de Piragüismo, ou un Centro de Interpretación da Natureza da vella potabilizadora, o Museo da Fábrica da Luz, e o complexo termal ao aire libre que propuxo o BNG. O BNG-AA defende tamén a recuperación dos usos tradicionais do río e a súa utilización como lugar de deporte, lecer e esparcemento dos lugueses.

Outra das propostas do BNG-AA pasa pola creación dun aparcadoiro verde nas inmediacións da Ponte Romana para dar cabida aos vehículos dos centos de persoas que se achegan a esta zona nos días de lecer. Arroxo explicou que se trataría de habilitar unha zona nos terreos situados no parque do entorno do Pazo de Feiras e cerca da Ponte Romana. Trataríase de adaptar un espazo como aparcadoiro verde que é un sistema de pavimento no que o formigón convive coa vexetación, permitindo a drenaxe das augas pluviais e evitando o impacto paisaxístico e eliminando a afección aos cauces fluviais colindantes.

Aparcadoiros disuasorios

O voceiro do BNG-AA referiuse tamén aos anunciados aparcadoiros disuasorios en diferentes puntos da cidade “é un avance importante aínda que non cumplen totalmente as nosas expectativas por que non se cubren as zonas máis carentes de espazos para estacionar como a zona de Fontiñas ou o entorno da ronda da Muralla e algúns dos aparcadoiros propostos polo goberno son absolutamente inútiles polo seu distanciamento”.

 

O BNG-AA propón unhas piscinas termais totalmente accesibles e un aparcadoiro verde na Ponte Romana