O BNG-AA PROPORÁ UNHA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE CULTURA E PEDIRÁ UNHA PARTIDA DE 100.000 € PARA QUE SE ELABORE PROGRAMACIÓN DENDE ESTE ÓRGANO

O BNG-AA pedirá 100.000 € para xestionar directamente dende o Consello Municipal de Cultura

“Hai disciplinas como a música coral ou a danza que non están representados na actualidade e por iso hai que actualizar a composición” dixo Ferreiro

O BNG-AA pedirá 100.000 € para xestionar directamente dende o Consello Municipal de Cultura
Lugo, 13 de marzo 2016. O BNG-AA fará un proposta de modificación do Regulamento que rexe o funcionamento do Consello Municipal de Cultura. “Neste momento o regulamento que está vixente é do ano 2.000 e precisa ser actualizado para adaptarse á realidade actual” dixo Maite Ferreiro. Ademais, dende o BNG-AA, farase unha proposta para que nos orzamentos do ano 2017 se inclúa unha partida de 100.000 € para que se faga unha programación cultural dende o propio Consello de Cultura. “Estamos en contacto con moitos colectivos e esta proposto xurdiu directamente deles” sinalou Maite Ferreiro.

O orzamento destinado, no 2016, á xestión do departamento de cultura do concello de Lugo supera os 4 millóns de euros e para o BNG-AA “nin en cantidade, nin en calidade se corresponde a política cultural deste goberno á cantidade contemplada nos orzamentos municipais” dixo Maite Ferreiro que puntualizou “somos conscentes de que nestes cartos van incluídos tamén os gastos salariais do funcionariado ao servizo do departamento de cultura e as partidas destinadas ás festas do San Froilán, mais entendemos que igualmente son recursos ao servizo da xestión cultural”.

A edil do BNG-AA sinalou que “ante a paralización da política cultural deste goberno, imos dar un paso adiante para que a cultura de base teña un maior peso na programación cultural da cidade e, tamén, poder de decisión sobre o que se fai co orzamento destinado á cultura no concello”. Maite Ferreiro lembrou que “o PSOE abandonou a posibilidade de facer uns orzamentos participativos e, neste momento, non existe unha vía para que se poidan elaborar proxectos dende os propios colectivos”.

“Con 100.000 € o Consello Municipal de Cultura podería elaborar programación cultural” dixo Maite Ferreiro e sinalou que “sería perfectamente compatible coa programación que se fai dende o concello xa que os colectivos que están representados no Consello terían a posibilidade de crear propostas culturais específicas ou comúns que erriquecesen a oferta cultural”. “Entendemos que unha partida de 100.000 € é perfectamente asumible se temos en conta que recentemente se gastaron 61.000 € en catro concertos aos que poucas persoas asistiron” dixo Maite Ferreiro.

Entre as modificacións que se plantexarán dende o BNG-AA está a reformulación da composición da permanente do Consello e do propio Consello Municipal de Cultura xa que en este momento hai colectivos cunha intensa actividade cultural que non están representados. Maite Ferreiro explicou que “hai disciplinas como a música coral ou a danza que non están representados na actualidade e por iso hai que actualizar a composición”. Para o BNG-AA a composición do Consello da Cultura debe ser o máis aberta e participativa posible para que todos os colectivos e disciplinas estén debidamente representadas.

O BNG-AA pedirá 100.000 € para xestionar directamente dende o Consello Municipal de Cultura