A brigada de obras realizou varias intervencións en Fontiñas
Alexandre Penas: “hai que destacar a labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións para facer un Lugo máis humano e accesíbel”
Mellorouse a accesibilidade da zona e complementase coa intervención artística na contorna do ascensor
Lugo, 14 de decembro de 2020. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta no día de hoxe as actuacións realizadas pola brigada de obras na zona das Fontiñas, no que reflectiu a labor deste equipo municipal o que “ a súa acción é dar maior accesibilidade a todas as veciñas e veciños de Lugo” recalcou Alexandre Penas.
Este servizo público eficaz e de calidade pon en marcha moitos dos proxectos que fan a vida máis sinxela e ofrecen un maior benestar á veciñanza de Lugo, garantindo o mantemento das instalacións e espazos como a execución de melloras.
As intervencións realizadas na avenida das Fontiñas como a mellora no ascensor e os rebaixes nas beirarrúas supoñen que “as persoas con mobilidade reducida poidan trasladarse sen problemas por esta vía” sinalou o edil Alexandre Penas.
O concelleiro de infraestruturas tamén sinalou que “seguimos poñendo cor e cultura en Lugo con artistas locais, neste caso con Concepto Circo nas escaleiras do ascensor desta vía”