Inaugurase a exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro
A exposición itinerante de “La Caixa” estará na Praza Maior
Maite Ferreiro “esta exposición na que os máis miúdos como os máis grandes poderán facer unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo”
Lugo, 15 de decembro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou hoxe a exposición “Outros mundos: visións do noso sistema solar” de Michael Benson que organiza a “Fundación La Caixa ”,a que se poderá desfrutar na Praza Maior do 15 de decembro até o 12 de xaneiro.
A concelleira Maite Ferreiro sinalou que “esta exposición na que dende os máis miúdos como os máis grandes da casa, poderán facer unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, trátase dun dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos” ao que engadiu “contaremos con visitas guiadas para poder comprender e introducirnos dentro do Cosmos ”
A exposición contará con corenta imaxes do fotógrafo estadounidense Michael Benson captadas a través das sondas da NASA, nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.
As visitas guiadas serán en grupos de 5 persoas, cun pase de dous grupos en cada sesión, as que serán os sábados ás 17:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.
Pode consultarse toda información desta exposición en:
https://fundaciónlacaixa.org/