Os calendarios para o 2022, editados pola Area de Participación, xa poden ser recollidos no Concello
Cristina López e Felipe Rivas fixeron o reparto aos departamentos municipais para que o persoal municipal dispoña dos calendarios
Baixo o título Arquivo e Muller, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con mulleres de Lugo do Arquivo Municipal
Lugo, 9 de decembro de 2021. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza vén de entregar e editar o calendario de 2022 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. O calendario xa se pode recoller nas oficinas municipais e na praza Maior de Lugo. Este ano, baixo o título Arquivo e Muller, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con mulleres de Lugo.
As fotografías pertencen á colección Delgado Guisasola, custodiada no Arquivo Municipal, e proceden dos negativos en cristal que facía no laboratorio da farmacia da que era dono. Cristina López destacou que "con este calendario queremos visibilizar as condicións laborais, sociais e económicas das mulleres durante distintas épocas históricas dos séculos XIX e XX".
As imaxes e documentos dos calendarios editados pola área de Participación proceden de fondos documentais almacenados no Arquivo Municipal e no Arquivo Histórico Provincial, e forman parte dos fondos municipais do Concello de Lugo. A área de Participación edita anualmente un calendario con imaxes procedentes do Arquivo Municipal desde a conformación do novo goberno da cidade. Cristina López destacou.