O Goberno de Lugo renova a participación no convenio Lugo Cultural
Maite Ferreiro destacou "a implicación do Campus de Lugo da USC para manter unha actividade cultural de calidade durante todo o ano"
O convenio Lugo Cultural conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación, e está xestionado pola USC
Lugo, 08 de decembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo aprobará a renovación da participación municipal no convenio Lugo Cultural. A Xunta de Goberno aprobará este xoves as bases do convenio, cun aporte económico de 20.000€ por parte do Concello. Maite Ferreiro explicou que “o Lugo Cultural está xestionado pola USC e conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo”.
Maite Ferreiro destacou "a implicación do campus de Lugo coa actividade cultural", e destacou proxectos como o Lugo Cultural "que nos coordinar as actividades culturais que teñen lugar na cidade e favorecer tamén o achegamento da comunidade universitaria á cultura".
"De cara ao 2022 continuaremos a ofrecer actividades culturais a todas as veciñas e veciños de Lugo para garantir que todas as persoas poidan acceder a un ben de primeira necesidade cunha programación de calidade e sostida no tempo", sentenciou Maite Ferreiro