Carme Aira será a candidata do BNG á Alcaldía do Incio

Carme Aira

A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego encabeza o proxecto nacionalista para “abrir un tempo novo”

 

Carme Aira “imos poñer a funcionar O Incio, temos un proxecto centrado nas súas capacidades para que poidamos saír do colapso e avanzar”

Carme Aira será a candidata do BNG á Alcaldía do Incio

O Incio, 22 de febreiro de 2023.- A deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento galego, Carme Aira, será a candidata da formación nacionalista para as vindeiras eleccións municipais de maio.

Carme Aira foi elixida por unanimidade pola asemblea local da fronte patriótica, a través dun proceso participativo e democrático.

“O BNG no Incio ten proxecto para avanzar e abrir un tempo novo no concello, por isto,  somos a única alternativa que confía nas capacidades para poder desenvolver proxectos que melloren a vida da veciñanza e frear a despoboación” declarou Carme Aira

Neste senso, Carme Aira destacou “doulles ás grazas aos compañeiros e compañeiras por ter a honra de poder encabezar este proxecto, no que imos  poñer todo o empeño en desenvolver un proxecto de futuro” e engadiu “o noso obxectivo  é satisfacer co maior benestar á veciñanza, con servizos acaídos ao rural, apostar por un sector primario de futuro, por isto, estou  convencida de que é o momento de que produza un cambio co BNG ao fronte”

Carme Aira será a candidata do BNG á Alcaldía do Incio