O concurso de disfraces, prato forte da programación do martes de Entroido

Máis de 350 persoas deron forma ao desfile, que contou con 8 participantes individuais, 10 parellas e 17 comparsas

O concurso de disfraces, prato forte da programación do martes de Entroido

Lugo, 21 de febreiro de 2023. O gran concurso de disfraces foi o prato forte da programación do martes de Entroido, dentro das actividades organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

O xurado estivo composto por Ana Carreira Varela, contacontos; Elena Sánchez Tendás, representante da EASD Ramón Falcón e Juan José López Martínez Lomarti, pintor.

Nas categorías Individual e Parellas, repartíronse os 3 premios, recaendo o primeiro (500€ en Individual e 600€ en Parellas) para León e o seu domador dos carozos de millo (individual) e Vaia circo montou o Mimosín (parellas), o segundo (300€ en Individual, 400€ en Parellas) para O protector da natureza (individual) e A parella do xardin (parellas), e o terceiro premio (200€ en individual e 300€ en parellas) para Dama do rural (individual) e Circus-Cus(parellas). As comparsas gañadoras foron Viaxa con nós (1º premio, 1.100€), Deuses do antigo Exipto (2º premio, 800€) e Vai de balcóns (3º premio, 600€)

A maiores, na categoría individual entregáronse 3 accésits, valorados en 50€ cada un para Vou camiñando Moria, Hulk Ragnasok e Deusa do mar. Na categoría de parellas entregouse tamén 5 accésits valorado en 100€ para En busca do Dourado, Polbo á feira, Domadoras de leóns, Son de mar Glu, glu! Coma peixes na auga!. Na categoría de Comparsas entregáronse sete accésits de 200€ aos grupos Casa Jubenolare, Circo Musdavan, O tragabolas, Os danzantes do Entroido, O bosque encantado de Bóveda, Futuristas Inconformistas e Circo Monolus.

Lista participantes concurso de disfraces

Individuais

 

  • Hulk Ragnasok
  • Deusa do mar
  • Dama do rural
  • Vou camiño Moria
  • León e o seu domador dos carozos de millo
  • Ente da noite
  • O protector da natureza
  • A momia

Parellas

  • Domadoras de leóns
  • Polbo á feira
  • Glu, glu! Coma peixes na auga!
  • A parella do Xardín
  • Vaia circo montou o Mimosín
  • En busca do Dourado
  • Circus-cus
  • Ven auga ven
  • As Flowers
  • Son de mar

Comparsas

  • Casa Jubenolare 
  • Viaxa con nós 
  • Deuses do antigo Exipto
  • Circo Musdavan
  • Vai de balcons
  • Podemos facelo
  • O tragabolas
  • Os danzantes do Entroido
  • Samurais dos Valerics
  • Costa abaixo e sen freos
  • Aquí facturamos todos
  • O bosque encantado de Bóveda
  • O quebracadeiras
  • O xogo do Parchís
  • Aspirantes a polillas
  • Futuristas inconformistas
  • Circo Monolus
O concurso de disfraces, prato forte da programación do martes de Entroido