O BNG PEDIRÁ QUE O CONCELLO ESTUDE A POSIBILIDADE DE COBRAR O IBI OU OS CORRESPONDENTES IMPOSTOS DE ACTIVIDADE ECONÓMICA NO MOMENTO EN QUE A CATEDRAL DE LUGO EMPECE A FUNCIONAR COMO EMPRESA

“Se a catedral se converte nun negocio terá que pagar os impostos correspondentes” dixo Arroxo

IMG_8648

Rubén Arroxo lembrou que “o monumento recibiu fondos públicos por centos de miles de euros de diferentes administracións”

“Se a catedral se converte nun negocio terá que pagar os impostos correspondentes” dixo Arroxo

Lugo, 27 de febreiro de 2019. “Se existe a previsión de que a Catedral empece a funcionar como unha empresa, o concello terá que aplicar os oportunos impostos sobre esta actividade económica e estudar se este cambio de uso pode provocar a obriga, sobre a propiedade, de afrontar o pago do IBI do edificio” dixo Rubén Arroxo. O voceiro do BNG anunciou que o BNG pedirá que o concello estude a posibilidade de cobrar o IBI ou os correspondentes impostos de actividade económica no momento en que a Catedral de Lugo empece a funcionar como empresa.

Arroxo dixo sinalou que “en Lugo todos os museos e salas museísticas son de acceso gratuíto, ten difícil explicación que un monumento que está exento do pago de impostos, que recibiu innumerables axudas publicas para o seu mantemento e que recibe fondos utilizando a facenda pública como mecanismo de recadación, poida ser xestionada como unha empresa para facer negocio”.

A catedral de Lugo, solo para a restauración da fachada, recibiu máis de 300.000 euros do goberno do estado. Tamén recibiu importantes axudas para recuperación do museo catedralicio e para outras actuacións de posta en valor de diferentes administracións. “Polo que parece agora as visitas á catedral van ser xestionadas por un empresa e”

O parking do semanario outro negocio que non paga

Para o BNG resulta especialmente sangrante o caso do negocio de aparcadoiro que a igrexa está a explotar na cidade de Lugo e que non está a tributar igual que o fan o resto de empresas implantadas no concello. No caso do aparcadoiro do seminario de Lugo a igrexa católica e cristiana acóllese a esta lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro.

“Se a catedral se converte nun negocio terá que pagar os impostos correspondentes” dixo Arroxo