A CANDIDATURA DO BNG É A PRIMEIRA QUE SE PECHA OFICIALMENTE E NA QUE RUBÉN ARROXO OPTARÁ Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE LUGO
O BNG aprobou en asemblea a candidatura ao concello de Lugo para as eleccións municipais
Suso Méndez (Suso de Navia) pechará a candidatura "como xesto de recoñecemento aos 42 anos de entrega ao nacionalismo"
Lugo, 26 de febreiro de 2019. A asemblea local do BNG en Lugo aprobou a única proposta de candidatura presentada para concorrer ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Rubén Arroxo encabezará a candidatura que estará pechada por Suso Méndez (Suso de Navia). Arroxo sinalou que "a presenza de Suso Méndez é un recoñecemento aos 42 anos de entrega ao nacionalismo e ao seu traballo en diversas plataformas como a das preferentes en Lugo".
O BNG xa presentara, a mediados de decembro, o primeiro tramo da candidatura e agora complétanse os nomes das 25 persoas que conformarán a candidatura. Arroxo destacou, tamén, "a incorporación de mocidade e de persoas que teñen unha recoñecida traxectoria profesional en diversos ámbitos". A candidatura do BNG esta formada por 25 persoas e destaca a implicación social de gran parte das integrantes e a súa participación en movementos culturais, veciñais, sociais e sindicais.
"Buscamos que estivesen representados diferentes sectores profesionais e contar cunha variada presenza de persoas vencelladas a colectivos sociais" dixo Arroxo e sinalou a inclusión na candidatura de persoal da sanidade, funcionarios, deportistas, persoas xubiladas, profesionais independentes, autónomos, persoal do ensino e da universidade, estudantes, etc...
Candidatura
1. Rubén Arroxo Fernández
2. Maite Ferreiro Tallón
3. Alex Penas Roibás
4. Cristina López Fernández
5. Felipe Rivas Jorge
6. Alexandre Espiño Castro
7. Beatriz Cedrón Vilar
8. Carme Salvadores Cobas
9. David Vázquez Vázquez
10. Iria Buide Pena
11. Fran Ulloa Prado
12. Sandra Sánchez Pérez
13. Xosé Paz Fernández
14. Rexina Álvarez Prada
15. Xosé Luis Varela Piñeiro
16. Esther López Rodríguez
17. Daniel Cabana Yáñez
18. María Carme Longarela Pena
19. Fernando Fernández Fernández
20. Maria do Carme Pérez Arias
21. Avelino Basanta Regueira
22. Elva Sobrado Abraira
23. Benigno Ruiz Nogueiras
24. Esther Gómez Fórneas
25. Xesús Méndez Rodríguez