O BNG PRESENTOU, EN NUMEROSAS OCASIÓNS, INICIATIVAS PARA QUE SE FAGA UN MANTEMENTO REGULAR NESTES SENDEIROS MOI UTILIZADOS NO BO TEMPO

O BNG pide o mantemento das sendas a carón do Miño

árbore paseo MIño

“Hai puntos nos que o paso está cortado e a xente pídenos que traslademos as súas queixas ás institucións”  dixo Rubén Arroxo

O BNG pide o mantemento das sendas a carón do Miño

Lugo, 25 de febreiro de 2019. Árbores caídas cortan o paso na senda que vai a carón do Miño e a falta de mantemento esperta as críticas de moitas persoas que utilizan esta rede de sendeiros para pasear e facer deporte. “Hai puntos nos que o paso está cortado e a xente pídenos que traslademos as súas queixas ás institucións”  dixo Rubén Arroxo e lembrou que o BNG ten presentado, en numerosas ocasións, iniciativas para que se faga un mantemento regular nestes sendeiros moi utilizados no bo tempo.

Rubén Arroxo sinalou que “tamén hai moitas pozas no percorrido e, moitas delas, son case imposible de atrevesar”. O candidato do BNG á alcaldía sinalou que “con un pouco de area quedaría solucionado e non é complicado de facer”. O BNG solicta un mantemento acaido e periódico para todas as rutas que rodean a cidade e que teñen un enorme potencial como lugar de esparcemento e atractivo turístico.

O BNG pide o mantemento das sendas a carón do Miño