“RECIBIMOS NUMEROSAS QUEIXAS DESPOIS DO ENCONTRO DESTA FIN DE SEMANA ENTRE O CD LUGO E O CLUBE DE XIXÓN” DIXO RUBÉN ARROXO

“Chegar andando ao Anxo Carro sen pisar lama é case imposible” denunciou Arroxo

AnxoCarro

O BNG xa presentou en diversas ocasión iniciativas para que se peonalice a Calzada da Ponte os días de partido e para que se melloren os accesos ao Anxo Carro

“Chegar andando ao Anxo Carro sen pisar lama é case imposible” denunciou Arroxo

Lugo, 22 de xaneiro 2018. “Fixemos un percorrido polos posibles accesos peonís ao Anxo Carro e en case todos hai que pisar lama para poder chegar ao campo de fútbol” asegurou Arroxo. A terra acumulada no paso baixo a N-VI e o tramo de terra que hai que percorrer, a falta de beirarrúas en Marques de Ombreiro, as pozas nos camiños do parque do Miño, o camiño de terra na conexión co barrio da Cheda son os lugares que utilizan a maior parte das persoas que acoden ao Anxo Carro e en todas elas hai tramos sen asfaltar.

Nesta fin de semana nas que se deron cita afeccionados do Clube Deportiva Lugo e do clube de Xixón foron moitas as queixas que recibimos dixo Arroxo e concretou “hai acordo unánime en promover que a xente acuda a pé ao Anxo Carro, e máis no caso dos equipos visitante, pero hai que tomar as medidas necesarias para que esto poida facerse de xeito seguro e por tránsitos que estén á altura do século XXI”.

Rubén Arroxo lembrou que o BNG xa presentou en diversas ocasión iniciativas para que se peonalice a Calzada da Ponte os días de partido e para que se melloren os accesos ao Anxo Carro. “As actuacións necesarias non requiren de gran inversión e o concello podería acometelas, incluso, con medios propios” afirmou Arroxo que pediu “que o goberno municipal tome en consideración as nosas propostas e tome medidas para que estén resoltas de cara aos vindeiros encontros do C.D. Lugo”.

“Chegar andando ao Anxo Carro sen pisar lama é case imposible” denunciou Arroxo