MAITE FERREIRO, CONCELLEIRA DE CULTURA, PRESENTOU O LIBRO XUNTO CO AUTOR, JOSÉ DE CORA
A colección 'O San Froilán dos Devanceiros' recompila a historia recente dos Pelúdez no seu 2º tomo
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, presentou o libro xunto co autor, José de Cora
O libro recolle as historias de Pelúdez dos San Froiláns celebrados entre 2009 e 2023
Lugo, 08 de outubro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co escritor José de Cora, presentaron o 21º tomo da colección O San Froilán dos Devanceiros, a publicación que a área de Cultura realiza anualmente durante a gran festa do outono galego.
O novo libro, titulado Pelúdez. O libro dous, recompila as historias "E Pelúdez Dixo" publicadas no xornal El Progreso entre o 2009 e o 2023. Maite Ferreiro destacou que "os Pelúdez son unha das figuras máis importantes das nosas festas, con este libro damos continuidade ao publicado no ano 2009, que recollía os primeiros 100 anos de publicacións sobre Pelúdez".
Pelúdez, o libro dous, poderá recollerse nas oficinas da área de Cultura de xeito gratuíto. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, destacou a colección de libros como "unha serie de libros que repasan a historia da gran festa do outono galego, que tratou xa asuntos de peso nas festas ao longo dos anos como son o cine, Barriga Verde, o polbo ou os Pelúdez, iconos do San Froilán para distintas xeracións".