A EDIL DE CULTURA MANTIVO UN ENCONTRO COS BARRAQUISTAS E ACORDOU AMPLIAR UN DÍA MÁIS A APERTURA DO FEIRAL CON PREZOS REDUCIDOS
Maite Ferreiro: "O recinto feiral abrirá o 13 de outubro despois de escoitar a solicitude das e dos barraquistas"
A edil de Cultura mantivo un encontro cos barraquistas e acordou ampliar un día máis a apertura do feiral con prezos reducidos
O Día da Infancia o recinto feiral contará con prezos reducidos
Lugo, 08 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos. "Celebraremos o día da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos", explicou Maite Ferreiro.
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido tanto nas atraccións para persoas adultas como nas infantís.
Maite Ferreiro afirmou que "o San Froilán 2024 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica".