"CONTAMOS UN ANO MÁIS COA COLABORACIÓN DUN SECTOR QUE LEVA ANOS IMPLICADO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA" LEMBROU A EDIL DE CULTURA

Maite Ferreiro lembra que os taxis actúan durante o San Froilán como "puntos violeta móbiles"

"Contamos un ano máis coa colaboración dun sector que leva anos implicado na loita contra a violencia machista", lembrou a edil de Cultura 

Maite Ferreiro lembra que os taxis actúan durante o San Froilán como "puntos violeta móbiles"

 

 

 

Lugo, 07 de outubro de 2023. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua lembrou as distintas iniciativas que pon en marcha a área de Cultura para loitar contra as agresións machistas durante o San Froilán cada ano. Ferreiro lembrou que, grazas á colaboración da asociación de taxistas, os taxis funcionan como puntos violeta móbiles. 

"Contamos coa colaboración das e dos taxistas para evitar e atender casos de violencia machista" afirmou Maite Ferreiro, que engadiu "as e os taxistas contribuirán na prevención de situacións de acoso ou violencia machista e darán atención a posibles vítimas".

A área de Cultura habilita puntos violeta para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse a recibir información ou comunicar calquera tipo de situación de acoso sexual.

Maite Ferreiro, edil de Cultura, afirmou que "as violencias sexistas son moi variadas en relación aos ámbitos e espazos nos que se producen pero sabemos que en momentos como as noites do San Froilán é especialmente importante prestar atención e previr este tipo de situacións", e engadiu "desde o Goberno de Lugo traballamos durante as festas en concienciar e sensibilizar para erradicar as actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de ocio, creando así espazos libres de agresións onde todos es todas poidamos gozar das festas con liberdade e tranquilidade".

Maite Ferreiro lembra que os taxis actúan durante o San Froilán como "puntos violeta móbiles"