O TENENTE ALCALDE RECIBIU A PRETO DE 60 ESTUDANTES E PROFESORES DE AMBOS PAÍSES
Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Noruega e Islandia
O Tenente Alcalde recibiu a preto de 60 estudantes e profesores de ambos países
Arroxo agradeceu que escolleran Lugo para a súa formación
Lugo, 09 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo recibiu no concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Noruega e Islandia que están a realizar un intercambio no IES Ollos Grandes de Lugo a través do programa Erasmus. Arroxo agradeceu ao grupo "que escolleran Lugo para continuar os seus estudos".
O Tenente Alcalde deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou que "Lugo conta cunha gran riqueza patrmonial, etnográfica, cultural e gastronómica, que nos converten nun sitio ideal para visitar sen sufrir as grandes masificacións de outras zonas turísticas", e engadiu "as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para destacar o potencial de Lugo e converternos nunha cidade referencial á hora de visitar Galiza".
Arroxo mantivo un encontro co grupo e compartiu con estudantes e profesores a historia da cidade e do Concello, ademais de amosar os restos romanos que se poden ver nas dependencias municipais.