AS ARTISTAS MARGA PORTOMEÑE E ANA CARREIRA FORON AS RESPONSABLES DA OFRENDA A ROSALÍA

Lugo celebra o domingo das mozas co desfile do traxe tradicional e a Ofrenda a Rosalía de Castro


As artistas Marga Portomeñe e Ana Carreira foron as responsables da Ofrenda a Rosalía

Unha mostra de 15 traxes tradicionais desfilou na praza Maior

Lugo celebra o domingo das mozas co desfile do traxe tradicional e a Ofrenda a Rosalía de Castro



Lugo, 06 de outubro de 2024. A cidade de Lugo celebrou este ano o Domingo das Mozas coa volta de dúas actividades "dun importante peso simbólico" como é o desfile do traxe tradicional, que este ano celebrou a súa 52ª edición, e a ofrenda a Rosalía de Castro. Maite Ferreiro destacou o Domingo das Mozas "como un dos días máis importantes do San Froilán cada ano", e engadiu "a xornada de hoxe contará cun gran peso da música e da cultura tradicional sen esquecer a diversidade de actividades para todo tipo de gustos".

O desfile do traxe tradicional contou con 15 participantes, que desfilaron pola praza Maior amosando as distintas pezas de cada un dos traxes procedentes de toda Galiza. Unha vez rematado o desfile, a corporación municipal saíu en dirección ao Parque de Rosalía, onde comezou a ofrenda a cargo de Marga Portomeñe e Ana Carreira.

A xornada de hoxe conta actividades musicais ao longo de todo o día, comezando ás 12:30 con Airiños de Orbazai na praza de Santa María. Branca Villares e Pablo Pintor, Carapaus, Belem Tajes, Os Melidaos e Filophóbicas completarán a programación musical nos distintos escenarios das festas, programación que rematará co concerto de Sés ás 22:00 en Santa María.

Lugo celebra o domingo das mozas co desfile do traxe tradicional e a Ofrenda a Rosalía de Castro