Colocado o novo mobiliario urbano da praza do Sagrado Corazón

Alexandre Penas visitou ao persoal da obra durante a colocación do novo mobiliario

“A nova praza do Sagrado Corazón queda deste xeito totalmente renovada e accesible para toda a veciñanza do barrio”, afirmou o concelleiro de Infraestruturas

Colocado o novo mobiliario urbano da praza do Sagrado Corazón

Lugo, 26 de abril de 2022. O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas visitou a praza do Sagrado Corazón, onde hoxe se procedeu a colocar o novo mobiliario urbano. "A veciñanza da zona pode desfrutar xa dunha praza totalmente renovada e humanizada, dando continuidade ao traballo realizado tras a instalación do novo ascensor", detallou o edil de Infraestruturas, que visitou ao persoal da obra durante a colocación do mobiliario.

Esta obra está a ser executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas urbanas para garantir as boas condicións dos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Alexandre Penas explicou os traballos realizados na zona, consistentes na renovación do firme da praza e da súa iluminación, "convertendo esta praza nun espazo máis  aberto e amable coas persoas e comunicándoa co ascensor recentemente inaugurado". Coa renovación do alumeado público avanzouse na implantación de luminarias LED.

A actuación conta cun orzamento de 86.020€. Para a área de Infraestruturas Urbanas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que "podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas".

Colocado o novo mobiliario urbano da praza do Sagrado Corazón