Comeza a funcionar o novo alumeado da Avenida Filharmónica Lucense
Instaláronse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional
Durante esta mañá realizáronse as probas de funcionamento
Lugo, 16 de decembro de 2019. O novo alumeado da Avenida Filharmónica Lucense, que durante as últimas semanas se estivo instalando, comezará a funcionar esta noite. Segundo indicou o concelleiro, Alexandre Penas, “durante o día de hoxe realizáronse as probas de funcionamento, con resultados positivos”. Con esta medida, a concellería de Infraestruturas Urbanas atende a unha actuación que a veciñanza da zona levaba solicitando moito tempo.
Dende a concellería de infraestruturas investiuse un total de 31.157,85€, que se destinaron á instalación de 8 luminarias LED de 63W que, segundo Alexandre Penas, “consumen aproximadamente un 60% menos que a iluminación convencional”.