Maite Ferreiro avanza a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2020

Maite Ferreiro, arquivo

Maite Ferreiro: ”Unha parte destas actividades poderían ir para o novo auditorio”

60 actividades culturais terán lugar no Auditorio con contidos para diversos públicos que ocuparán un cento de xornadas

Maite Ferreiro avanza a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2020

Lugo, 17 de decembro de 2019. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, avanzou en rolda de prensa as actividades que conforman a programación que a área de Cultura organiza no Auditorio Municipal durante o primeiro semestre de 2020. “Trátase de sesenta actividades para diversos públicos, que comezan no día de hoxe e se estenden até o mes de xuño ocupando un cento de xornadas”.

“Unha parte destas actividades poderían planificarse no novo auditorio, mais como seguimos a agardar que a Xunta entregue o edificio, vímonos na obriga de mantelas no Gustavo Freire”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “aínda estamos a agardar a que a Xunta de a formación aos técnicos municipais, que figura no convenio”. Ademais, Maite Ferreiro declarou que “non sabemos se a Xunta recibiu o equipamento da empresa construtora”.

Teatro, maxia e danza ocuparán unha grande parte das xornadas, que se compaxinarán coa cesión a colectivos e cos eventos que realicen empresas privadas. Maite Ferreiro indicou que “houbo actividades que quedaron fóra da programación por ter xa o auditorio ocupado nesas datas”.

Cuartel de San Fernando

Ao respecto do futuro do Cuartel de San Fernando, Maite Ferreiro lembrou o “consenso político e social para que o cuartel se convirta no museo Galaico Romano”, e denunciou a “política de ocultar problemas e a falta de compromiso que a Xunta de Galiza ten con Lugo”.

Programación teatral primeiro semestre 2020

2019:

  1. 16 decembro. Festival de Nadal Colexio da Milagrosa.
  2. 17 decembro. Festival de Nadal ANPA Illa Verde.
  3. 18 decembro. Festival de Nadal. AAVV A Milagrosa.
  4. 20 e 21 decembro. Teatro público adulto “Fariña” de Ainé producións.
  5. 22 decembro. Teatro público familiar: “Vaya Santa Claus”.
  6. 26 decembro. Concerto público familiar “Johan Strauss de NK Producciones.
  7. 27 decembro. Teatro público familiar “Pinocchio” de NK Producciones.
  8. 30 decembro. Danza público familiar “Lago de los cisnes” de Russina Classical Ballet.

 

2020:

Xaneiro:

 

  1. 3 xaneiro. Concerto Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo.
  2. 10 xaneiro. Danza
  3. 11 xaneiro. Teatro musical para publico infantil
  4. 12 xaneiro. Teatro para público familiar
  5. 18 xaneiro. Gala
  6. 19 xaneiro. Teatro para público adulto
  7. 20 xaneiro. Danza
  8. 21 xaneiro. Gala
  9. 25 xaneiro. Teatro musical infantil
  10. 26 xaneiro. Teatro para público familiar
  11. (2 días)29 e 30 de xaneiro. Teatro para público adulto

Febreiro:

  1. 1 febreiro. Gala
  2. 2 febreiro. Teatro para público familiar
  3. 3 e 4 Febreiro. Galas
  4. 6 febreiro. Teatro escolar
  5. 7 febreiro. Teatro escolar
  6. 7 febreiro. Danza
  7. 8 febreiro. Teatro musical familiar
  8. 9 febreiro. Concerto musical infantil
  9. 16 febreiro. Teatro para público adulto
  10. 21 febreiro. Monólogo público adulto
  11. 28 febreiro. Concerto

 

Marzo:

  1. (2 días)2 e 3 marzo. Teatro
  2. 6 marzo. Mostra teatro clásico
  3. 12 marzo. Mostra teatro clásico
  4. 13 marzo. Mostra teatro clásico
  5. 14 marzo. Mostra teatro clásico
  6. 15 marzo. Mostra teatro clásico
  7. 19 marzo. Mostra teatro clásico
  8. 20 marzo. Mostra teatro clásico
  9. 21 marzo. Mostra teatro clásico
  10. 22 marzo. Mostra teatro clásico
  11. (9 días) Do 23 ao 31 marzo. Teatro

 

Abril:

  1. 3 marzo. Danza
  2. 5 marzo. Teatro para público familiar
  3. (3 días) 9, 10 e 11 marzo. Cántigas e frores.
  4. 12 marzo. Concerto
  5. 16 marzo. Teatro escolar
  6. 19 marzo. Teatro para público adulto
  7. 24 marzo. Danza
  8. (6 días) 25, 26, 27, 28, 29 e 30 marzo. Danza

 

Maio:

  1. 1 maio. Teatro musical infantil
  2. (6 días) 3 a 9 maio. Lugo Máxico.
  3. 10 maio. Teatro para público adulto
  4. (2 días)15 e 16 maio. Teatro para público adulto
  5. 17 maio Teatro para público familiar
  6.  (4 días)18 a 20 maio. Concertos escolares
  7. 24 maio. Teatro para público adulto
  8. 30 maio. Gala
  9. 31 maio. Teatro para público familiar

 

Xuño:

  1. 5 xuño. Gala
  2. 6 xuño. Gala
  3. 7 xuño. Concerto
  4. 13 xuño. Gala
  5. 14 xuño. Gala
  6. 15 xuño. Gala
  7. 20 xuño. Gala
  8. 21 xuño. Gala

 

 

MIHL:

  1. 7 marzo. Danza
  2. 29 maio. Danza

VELLO CÁRCERE:

  1. 10 marzo. Mostra de teatro clásico
Maite Ferreiro avanza a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2020