AS PLACAS ESTÁN A SER RESTAURADAS E AS CITAS LITERARIAS SERÁN REPINTADAS

Comezan as restauracións das placas dos escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

Maite Ferreiro: “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade”

Comezan as restauracións das placas dos escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

 

 

Lugo, 17 de xullo de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que xa comezaron os traballos de restauración das placas adicadas a escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre. Ferreiro explicou que “debido ás limpezas borráranse parte dos textos”.

 

As placas adicadas a escritoras e escritores que están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre están a ser restauradas dos danos polo vandalismo, e estanse a repintar as letras do texto literario que conteñen. As 9 placas, colocadas sobre 7 soportes de granito, están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

 

Segundo Ferreiro, “o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade e que pon en valor ás persoas que representan a nosa cultura e á nosa identidade como povo”.

Comezan as restauracións das placas dos escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre