Comezan as visitas escolares ao Vello Cárcere cun grupo de estudantes do Colexio de Albeiros

A concellería de Educación pon en marcha un plan piloto de Vieiros Escolares Seguros

Felipe Rivas: “comezaremos os Vieiros Escolares no colexio de Albeiros, e comezamos coas primeiras xuntanzas coa comunidade educativa”

Comezan as visitas escolares ao Vello Cárcere cun grupo de estudantes do Colexio de Albeiros

Lugo, 19 de marzo de 2021.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción  da Lingua, Maite Ferreiro, recibiron a un grupo de nenos e nenas procedentes do Colexio de Albeiros, que realizaron unha visita ás instalacións, dentro das actividades enmarcadas na Programación Escolar do Centro Sociocultural. Baixo o título Un edificio con boa memoria, a área de Cultura achega o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza "cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa", explicou Maite Ferreiro

 Baixo o título 'Un edificio con boa Memoria', o novo Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galiza. "Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria", afirmou a Concelleira de Cultura.

Vieiros Escolares Seguros

 

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, dirixida por Felipe Rivas, comeza coa implementación de vieiros escolares seguros nos centros de ensino da cidade. “Comezamos co proxecto Tecendo Camiños no colexio de Albeiros, cunha primeira reunión coa comunidade educativa para avaliar a estratexia específica para a posta en marcha dos vieiros neste colexio”, explicou Felipe Rivas. O concelleiro de Educación afirmou que “as distintas iniciativas de calmado de tráfico executadas pola área de Mobilidade nos últimos meses permitiron que este colexio fose un bo escenario para poñer a anadar este proxecto”.

A primeira fase do proxecto Tecendo Camiños comeza coa planificación dos vieiros escolares, fase na que se está a traballar na análise da situación do centro e que rematará ao deseñarse unha estratexia específica para o centro. A fase de implementación achegará distintas formacións sobre saúde e bos hábitos sobre seguridade vial ás familias e aos nenos e nenas, e permitirá poñer en marcha os vieiros, comezando co apoio dun monitor, e que fomentará que as nenas e nenos continúen a acudir aos centros a pé.

A posta en marcha dos vieiros escolares implica tamén "un cambio nas tendencias da mobilidade, reducíndose o uso do vehículo privado", explicou Felipe Rivas, que afirmou que "en todas as cidades nas que se promoveron, vimos como se eliminaron os problemas de tráfico nas entradas e saídas dos centros de ensino que actualmente podemos ver en Lugo".

Comezan as visitas escolares ao Vello Cárcere cun grupo de estudantes do Colexio de Albeiros