RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO ESTIVERON PRESENTES NA PRIMEIRA XORNADA ABERTA AO PÚBLICO, DA QUE SE CUBRIRON AS 20 PRAZAS OFERTADAS
Comezan as visitas guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bnglugocentro/images/2025/02/10/2025021008410476944.jpg)
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro estiveron presentes na primeira xornada aberta ao público, da que se cubriron as 20 prazas ofertadas
O auditorio poderá visitarse tamén os días 8 de febreiro e o 14, 15, 28 e 29 de marzo, datas que contan xa con 180 persoas anotadas
Lugo, 07 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañaron ao primeiro grupo de 20 veciñas e veciños de Lugo que estiveron presentes na primeira visita guiada ao auditorio Fuxan os Ventos. Rubén Arroxo destacou esta iniciativa que permite á veciñanza "coñecer as instalacións deste edificio, visitando as partes que habitualmente non se poden ver como os camerinos ou o escenario".
A Tenencia de Alcaldía organiza outras 5 visitas guiadas a esta instalación, que terán lugar o 8 de febreiro (12.30), 14 de marzo (20:00), 15 de marzo (12.30), 28 de marzo (20:00) e 29 de marzo (12.30). Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a [email protected] ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 de luns a venres.
Arroxo destacou que esta iniciativa está a ter "un gran éxito de convocatoria", cun total de 180 persoas inscritas.