ARROXO: "SEGUIMOS ATENDENDO AOS BARRIOS E ZONAS PERIURBANAS GARANTINDO O BENESTAR DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS DE LUGO

Rubén Arroxo anuncia a a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega


A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación


Arroxo: "Seguimos atendendo aos barrios e zonas periurbanas garantindo o benestar de todas as veciñas e veciños de Lugo

Rubén Arroxo anuncia a a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega



Lugo, 09 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán os traballos de renovación do firme que se executarán nas rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega. Arroxo destacou que "con esta actuación continuamos a traballar nas zonas urbanas e periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade". Segundo o Tenente Alcalde, esta intervención permitirá "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

O Goberno de Lugo actuará reconstruíndo o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e instalarase unha nova base para contedores. Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal. A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 semanas.

Rubén Arroxo anuncia a a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega