A Comisión de Acción Feminista do BNG continúa o seu traballo, planificando o 8 de marzo
“Continuaremos as palestras de feminismo de xeito telemático, adaptadas á situación actual”, explicou Maite Ferreiro
Maite Ferreiro: “de cara ao 8 de marzo apoiaremos as accións que desenvolva a plataforma Galegas 8M, da que o BNG forma parte”
Lugo, 04 de febreiro de 2021. O BNG de Lugo celebrou unha nova xuntanza telemática da súa Comisión de Acción Feminista, integrada polas mulleres militantes e simpatizantes da formación. A concelleira do BNG e Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “nesta comisión acordamos darlle continuidade ás palestras sobre feminismo de xeito telemátido, debido a que antes das restricións sanitarias tiñan unha gran acollida por parte da veciñanza de Lugo, afondando en temáticas diversos como a saúde, economía, educación, etc.”
Como traballo previo ao 8 de Marzo, Maite Ferreiro adiantou que “o BNG organizará unha palestra telemática onde se debaterá sobre o papel da muller no sector económico, afondando na situación das traballadoras dos Servizos de Axuda no Fogar e as situacións que teñen que afrontar debido á crise sanitaria da COVID-19”.
Ademais, o BNG de Lugo desenvolverá unha campaña de concienciación de cara ao 8 de Marzo, “e apoiaremos as mobilizacións e accións que organicen tanto a CIG, apoiando ás traballadoras do país, como a plataforma Galegas 8M, da que formamos parte”, sentenciou Maite Ferreiro